O Liceo noiés acolle unha exposición do ilustrador Rodrigo Chao

NOIA> Hai uns días inaugurábase nas salas da Sociedade Liceo de Noia a mostra titulada ‘Palabras Ilus-tradas’, pertence ó artista Rodrigo Chao. Na exposición recóllense ó redor duns 150 traballos por el realizados nos últimos anos con distinto tipo de técnicas, como son o lapis de grafito e as acuarelas ou tamén as técnicas dixitais. A exposición deste xoven ilustrador boirense poderá visitarse ata finais de outubro.