Gonzalo Durán reitera o seu interese por adquirir o Pazo de Vista Real

    PAZO_VILANOVA copy.jpg VILANOVA> O alcalde de Vilanova asegurou que no caso de que o Pazo pase a pertencer ó concello será destinado a un uso público e social.

    {flowplayer}images/salnes/CONCELLO_VILANOVA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}
     
    Onte comezou a subhasta dos bens comisados ós Charlíns no ano 2003. Unha das propiedades polas que se podía puxar era o Pazo de Vista Real por un valor de dous millóns de euros. Tras quedar deserta a subhasta ábrese a posibilidade de que o concello de Vilanova o adquira. Por iso, o seu alcalde reiterou o seu interese por adquirila propiedade.
     
    Entre as diferentes posibilidades de uso, barallan a creación dun centro de día ou unha gardería, parques infantís e zonas verdes. En todo caso, tería que cumprir cos informes favorables de Patrimonio. Ademais, o edil de comercio destacou as potencialidades turísticas do Pazo.
     
    No caso de que o adquira o concello vai a supoñer unha gran inversión por parte do mesmo que, o alcalde confesou, están dispostos a asumir. Gonzalo Durán tamén confirmou o compromiso da Deputación de Pontevedra de colaborar no financiamento desta propiedade.
     
    A partires de agora ábrese un proceso de dous meses nos que terán que estudar a oferta que van presentar na Axencia Tributaria. Estes traballos comezan este venres cunha xunta de portavoces que ven de convocar o alcalde.
     
     
    Redacción Salnés