![]()
VILAGARCÍA > A Unión de Traballadores Autonómos, UPTA, non vai continuar o paro indefinido dos transportistas para frear a crispación xerada no conflito.
Avogan por seguir negociando co Ministerio de Fomento, xa que consideran insuficientes as medidas propostas polo departamento no acordo que xa aceptou o 88 por cento do sector en España, e o 70 en Galicia. UPTA, era un dos colectivos que aínda continuara hoxe co paro convocado polas organizacións Fenadismer e Confedetrans.
As 54 medidas propostas por Fomento e aceptadas por un 88 por cento do sector transportista, son un motivo suficiente para a ministra, Magadalena Álvarez, para dar por rematada as negociacións. Porén, entre estas actuacións non está incluída unha das principais reivindicacións das dúas organizacións convocantes do paro, que seguen polo de agora en folga. Fenadismer e Confedetrans piden o establecemento dunha tarifa mínima, que lles garanta que non se traballe por debaixo do custe de explotación dos seus vehículos, pero que segundo o Goberno, vai en contra da normativa comunitaria.
Hoxe, a Unión de Traballadores Autónomos, UPTA, volveuse a reunir con un destes dous colectivos, Fenadismer, co que colabora dende hai tempo, para decidir se seguen ou non co paro. Mentres os transportistas socios de UPTA seguían esta mañá na estrada da Goulla, en Meis, á espera dunha resposta que lles comunique cando reiniciará na súa actividade. Porén hoxe os transportistas xa non facían a súa vixilancia na estrada da Goulla en calidade de piquetes informativos, polo que non pararon a ningún dos poucos camións que circularon hoxe pola rede viaria.
Os transportistas socios de UPTA son unha parte dese 12 por cento do sector que continuará coa folga, fronte o case o 90 por cento dos transportistas españois, e un 70 dos galegos, queren volver canto antes á actividade, e que lle piden ó Goberno a intervención das forzas e corpos de seguridade para impedir as represalias dos piquetes.
Redacción Salnés








