O descenso da criminalidade en Pontevedra centra a celebración dos Anxos Custodios

    PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra veu reducido o seu índice de criminalidade nun 1 por cento no que levamos de ano, un dato que destaco ou Comisario Provincial da Policía Nacional esta mañá, durante a celebración dos Anxos Custodios, patróns do corpo. Un acto, celebrado en Pontevedra, que reuniu a destacadas autoridades civís, militares e policiais da provincia, así como a ducias de axentes e familiares. Pontevedra celebrou esta mañá a festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional. Como é habitual o acto, ó que asistiron destacadas autoridades civís, militares e policiais, serve para recoñecer publicamente a labor desenvolvida polos seus axentes e entregar as condecoracións ós efectivos homenaxeados neste ano. Pero sen dúbida, o acto deste ano estivo marcado polas boas novas en materia de seguridade na provincia, tal e como destacaron, tanto o Comisario Provincial como a Subdelegada do Goberno. Con respecto ó ano pasado os índices de criminalidade baixaron un 3,5 por cento, e un 1 por cento, no que levamos de ano. A subdelegada, Ana Ortiz, lembrou tamén os principais retos ós que se enfronta a policía nestes momentos, que son o nivel de alerta 4 por terrorismo xihadista e os ciberdelitos. Durante o acto de celebración dos Anxos Custodios, condecorouse, ademais de a axentes polo seu mérito policial, tamén a particulares que realizaron servizos de colaboración axudando a outros cidadáns en apuros. Ó final do acto houbo tamén un recordo e unha ofrenda floral para lembrar ós compañeiros caídos en servizo.