¿Cal será a sede do Arousa Fútbol 7 no 2019?

SALNÉS> ¿O Arousa Fútbol 7 abandonará Vilagarcía no 2019? Esa é a pregunta que moitos están a facerse nas últimas semanas, e que parece que aínda non ten unha resposta moi clara. A semana pasada era a organización do evento a que afirmaba que non se celebraría en Vilagarcía no 2019, debido na súa maior parte a un desencontro con Ravella.
Pola súa banda o consistorio respondía que descoñecía o motivo polo cal a organización decidía trasladar o torneo alevín de Vilagarcía.
E hoxe foi o empresario Ramiro Carregal, importante valedor de este torneo de fútbol o que se pronunciou sobre este tema, sinalando que si o evento se marcha de Vilagarcía non seguirá colaborando economicamente coa organización do mesmo.
Sanxenxo aparecía no medio de toda esta ecuación como o posible novo emprazamento do torneo, aínda que o alcalde, Telmo Martín, sinala que o evento non debería abandonar Vilagarcía ao tratarse do concello máis grande da contorna e do que o torneo representa para a vila.
Así e todo haberá que esperar a que se pronuncie a organización do evento e anuncie onde finalmente se celebrará a nova edición de este evento deportivo que cada ano trae a milleiros de persoas a contorna.