‘O Pazo de Torrado acollerá a Fundación Plácido Castro’

    PLACIDO_CASTRO copia.jpgCAMBADOS> O alcalde de Cambados realizou esta proposta durante a entrega do Premio de Tradución 2010.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_PLACIDO_CASTRO.flv{/flowplayer}
    O noveno Premio de Tradución Plácido Castro recaeu nesta edición en dúas obras de xénero dispar: Lord Jim, un clásico da literatura novelesca obra do ucraniano Joseph Conrad, e o estudo científico D’A evolución Humana, do portugués Antonio Bracinha. Do seu traslado ó galego encagáronse Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo no caso de Lord Jim. Emilio Baladé traduciu o texto luso.
    O salón de plenos do concello de Cambados serviu de escenario á entrega deste galardón, posto que este municipio, xunto con Vilagarcía e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, integran a Fundación Plácido Castro. Aproveitando a ocasión, o rexedor cambadés ofreceu as instalacións do Pazo de Torrado, a escasos metros da casa consistorial, para servir como sé a este organismo.
    O acto contou coa presenza de membros do xurado encargados de fallar o premio, integrantes da corporación municipal de Cambados, o edil de Cultura de Vilagarcía, a presidenta da Fundación Plácido Castro, ou o director xeral de Cultura da Xunta.
    Redacción Salnés