Cambados elimina un importante punto negro urbano

    camino_100.jpgCAMBADOS> Este é o punto negro máis temido polos conductores no centro urbano de Cambados. Aquí, a visibilidade para incorporarse á…

    {flowplayer}images/salnes/15102010_camino_cambados.flv{/flowplayer}

     … estrada provincial po-550 é nula, co que son frecuentes os choques e, cando menos ós sustos, neste punto da entrada á Vila do Albariño. Conscientes da falla da seguridade viaria neste espazo, o Concello e a propietaria dunha vivenda deste cruce, María Piñeiro Porto, veñen de asinar un convenio co que se derruirá a vivenda desta última. Unha vez que se elimine este obstáculo, esta confluencia entre o Camiño do Castro e a Avenida do Vilariño pasará a contar con 7 metros de amplitude, o que mellorará sensiblemente a visibilidade e a accesibilidade deste funil.

    Ademais, dotarase a este lugar de beirarrúas de un metro e medio de amplitude, que mellorarán a seguridade dos peóns. Esta actuación suporá unha inversión de case 165.500 euros que serán aportados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

    O Concello será o encargado de sufragar a María un piso de alugueiro ata que se rematen as obras e poida vivir nunha nova casa que se lle vai a edificar dentro da súa horta pero un pouco máis afastada do tráfico rodado.

    Redacción Salnés