O Porto de Vilanova prepárase para acadar o distintivo de calidade EMAS

    fotoresiduoscopia.jpgVILANOVA> O presidente de Portos, José Juan Durán asistiu a unha demostración do funcionamento do sistema especializado de tratamento de residuos.

    {flowplayer}images/salnes/ProxectosPortos020512.flv{/flowplayer}

    Despois de levalo a cabo en varios portos do norte da comunidade, pouco a pouco este sistema de limpeza e tratamento especializado de residuos portuarios estase a estender polas Rías Baixas. Neste caso a parada foi en Vilanova de Arousa, onde xa se está a implantar este sistema co que se cumpren os parámetros internacionais de sostibilidade ambiental.

    Requisitos que permiten dar un paso máis cara a consecución de distintivos de calidade e sostibilidade medioambiental. Como por exemplo o distintivo EMAS. Unha certificación de gran importancia a nivel europeo que permite situar a aqueles que o teñen nun lugar privilexiado de cara a acadar proxectos.

     José Juan Durán fixo fincapé na gran cantidade de distintivos de calidade acadada polos portos galegos. O número de bandeiras azuis incrementouse nos últimos anos das 3 que había no 2009, ás 11 que se conseguiron nos 2011. Este ano presentaranse 14 candidaturas. 

    Se falamos da Q de calidade, Galicia conta con 5 das 10 que hai en todo o estado español. Distintivos todos estes que non son só unha mostra do respecto polo entorno, senón que se combinan ademais coa eficiencia na actividade do porto.

    A empresa que levará a cabo este servizo neste porto será a UTE Ascan Mistura.

    Lonxa e Estación Marítima

    Aproveitando a súa visita a Vilanova, José Juan Durán quixo tamén confirmar o remate das obras da nova lonxa antes do verán. Segundo dixo o presidente de portos, estarán rematadas a finais de maio.

    Por outra banda, tamén fixo referencia ó edificio da Estación Marítima, posto que segundo Durán algunhas voces apuntaban ó impacto que a fachada posterior da Estación podería causar no entorno ó non estar acristalada. Dixo o responsable portuario que o proxecto foi presentado polo seu antecesor o 15 de marzo do 2011, e que aquel era o momento de presentar as alegacións, posto que agora pouco se pode facer.

    Redacción Salnés