Dous ladróns baleiran unha tenda de roupa no centro da cidade

    roubo copia100.jpgVILAGARCÍA> Os propietarios aínda non teñen unha estimación das perdas. Este é o segundo roubo que sofren en tres meses.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBO_TITOS.flv{/flowplayer}

    Cos estantes baleiros e sen a maioría da mercancía. Así foi como quedou esta tenda do centro de Vilagarcía despois do roubo que sufriu esta madrugada. Os delincuentes conseguiron entrar no establecemento ó redor das 5 e media, despois de burlar os sistemas de seguridade.

    O enreixado do escaparate e a fechadura da porta, foron insuficientes para evitar o roubo. Camisas, camisetas, pantalóns e demais prendas de roupa, todas elas de coñecidas marcas de alto valor no mercado, formaron o botín dos ladróns. Os propietarios aínda non contan cunha estimación das perdas, que supoñen moi elevadas.

     A hora do suceso e a utilización dun vehículo para cometer o roubo, foron datos aportados por unha testemuña dos feitos. Este veciño tamén fixo referencia á presenza de dous ladróns, que identificou como de orixe oriental. Este é o segundo roubo que sofre a tenda en cuestión de tres meses.

    Os propietarios do establecemento presentaron a denuncia esta mañá ante a Policía. Un equipo da policía científica tamén se desprazou ata o lugar para recoller probas que puideran dar pistas sobre a identidade dos ladróns.

    Redacción Salnés