As adegas completaron as visitas nas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Rías Baixas

CAMBADOS> Valoración positiva das 9ª xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. As 20 adegas participantes tiveron que adaptarse para garantir as medidas sanitarias. Os grupos, dun máximo de 5 persoas, gozaron dunha experiencia completa.

A Ruta do Viño Rías Baixas tivo que reorganizarse e adaptarse ás medidas sanitarias a tan só uns días da celebración das 9 xornadas de portas abertas. A organización tivo que cancelar os buses do viño e reducir ao máximo as visitas ás adegas. Aínda así, as xornadas tiveron unha gran acollida.

As adegas completaron a capacidade máxima dos grupos en todas as quedas ao longo da fin da semana. A xornada incluía visita aos viñedos, as adegas e remataban cunha cata.

Moitas adegas ofreceron actividades extra, ofrecendo unha experiencia completa e segura.

Dende a Ruta do Viño Rías Baixas explican que estas xornadas de portas abertas tamén serviron para poñer en valor a seguridade do enoturismo nesta época. Dende a asociación indican que as adegas son espazos naturais, amplos e seguros para gozar dunha gran experiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí