CAMBADOS> Así de rotundo se amosou esta mañá o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, durante a visita que fixo ó Túnel do Viño.
{flowplayer}images/salnes/RUEDA_ALBARINO_030812.flv{/flowplayer}
Desde onte xoves e ata o domingo os que desexen degustalos albariños de Rías Baixas de maneira máis pausada e con tódolos sentidos, teñen unha cita no Salón de Congresos José Peña. Como adiantabamos onte todos os que se acheguen ata alí poderán catar ata un total de 117 viños pertencentes a 58 adegas.
Esta mañá o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, visitou este espazo que cualificou como a perfecta alternativa ó Paseo da Calzada onde se poden coñecer as diferentes adegas e os seus viños en profundidade.
Por iso, Rueda amosouse convencido de que o Túnel do Viño, iniciativa organizada polo Consello Regulador de Rías Baixas, vai a ir a máis nos vindeiros anos.
Con esta visita o Conselleiro de Presidencia amosou, de novo, o seu apoio á Festa do Albariño xa que entende que é unha mostra de calidade. Facer unha aposta polo albariño, dixo, é facer unha aposta segura.
O horario de apertura do Túnel do Viño é de mañá e tarde mentres que o domingo só abrirá medio día.
Redacción Salnés