O Extrugasa pretende dar a sopresa

extrugasa copia100.jpgVILAGARCÍA> O conxunto entrenado por Tito Díaz recibe esta noite en Fontecarmoa ó Rivas Ecópolis, no que será o cuarto partido para as vilagarciás en 10 días. Aínda así, o bo comezo de liga que están a ter a pesares da complicación dos encontros, compensa o cansancio acumulado.

{flowplayer}images/salnes/PREVIA_EXTRUGASA.flv{/flowplayer}

O destino quixo que os primeiros encontros do Extrugasa esta temporada foran os máis complicados. Pero as de Tito Díaz sairon moi ben paradas e aínda que o ritmo está a ser frenético as vilagarciás están traballando moito e moi ben, axudadas iso sí polo impulso que dan polo de agora os bos resultados.

As de Tito Díaz apenas tiveron tempo para saborear a vitoria do sábado contra La Seu D´Urgel ademáis, teñan aínda na cabeza o recordo do encontro co Ros Casares o pasado mércores, pois é probable que nin elas mesmas agardasen plantarlle cara dese xeito a todo un campión de Liga.

Unha hazaña semellante é a que se lles presenta esta noite ante o Rivas. As madrileñas claras aspirantes ó título teñen unha media de anotación de 84 puntos e contan con internacionais da talla de Laura Herrera ou Laura Nichols xogando como reservas. Amaya Valdemoro que leva dous partidos sen xogar por lesión é dúbida pra esta noite pero a que seguro que sí xogará é Dewanna Bonner, en palabras do propio Tito Díaz unha das mellores xogadoras do mundo.

Así as cousas o técnico teno claro. É imprescindible unha boa acción defensiva para tratar de frear ó equipo que máis puntos anota na Liga Feminina. Controlar o rebote que tanto daño lles fixo contra o Ros e sobre todo manter a tranquilidade se as cousas non saen ben de todo.

Malia todo Tito ten os pés no chan e non hai que esquecer que isto acaba de comezar e que todavía queda moito por facer.

Redacción Salnés