Na vila recadarán fondos para reparala casa incendiada dun veciño

    recadacion_fondoscopy.jpgVILAXOÁN> Esta tarde a asociación de veciños reuniuse con diferentes colectivos da vila para determinar un calendario de actuacions.

    {flowplayer}images/salnes/RECADACION_FONDOS_INCENDIO_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Veciños de Vilaxoán reuniuse esta tarde con colectivos da vila para fixar un calendario de actuacións dirixidas a recadar fondos para reparala casa do veciño que quedou calcinada polo lume a mediados de xaneiro.

    Cabe lembrar que o lume, que provocou que a vivenda quedase coma poden ver nas imaxes, se producira de madrugada ó parecer por un fallo na instalación eléctrica. Naquel momento foi o propietario o que alertou ós veciños e saíu polo se propio pé.

    Agora o octoxenario propietario desta cativa vivenda está vivindo cun fillo pero segundo os veciños o seu desexo é volver á súa casa de toda a vida. Tomás mesmo nos confesou que noutra ocasión servizos sociais tentou axudalo pero non quixo abandonalo seu fogar.

    Con todo non é a primeira vez que a asociación de veciños axuda a este mariñeiro retirado. O ano pasado xa destinaron os fondos recadados da venta dunha revista a realizar reparacións na vivenda.

    Entre as actividades que contemplan desde o colectivo atópanse a celebración de concertos, obras de teatro e partidos benéficos.

    Redacción Salnés