Jabon Blue protagonista dunha campaña de conducción responsable

    videoclipjabonblue.jpgRIBEIRA> O videoclip do seu tema ‘Flores en la carretera’ comezará a gravarse esta fin de semana en distintas localizacións do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/videoclipjabonblue.flv{/flowplayer}

    Cecais a moitos aínda non lle soe esta canción, pertencente ó álbum ‘Flores en la carretera’ da banda ribeiresa Jabon Blue liderada por Javi Maneiro, ex vocalista de Heredeiros da Crus, pero de seguro que a partir de agora non lles pasará inadvertida. Esta fin de semana en Ribeira comezará a gravación do seu videoclip, despois de que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia decidise incluilo na súa campaña 2011 sobre o fomento dunha condución responsable e libre de alcohol.

    O propio Javi Maneiro, autor do tema, explicou as razóns que o levaron a compoñer esta canción.

    Ó longo de toda a fin de semana desenvolverase a gravación do videoclip, a cargo da produtora Casa de Tolos, SL, tendo por escenario diferentes espazos emblemáticos da comarca do Barbanza entre os que se atopan o faro de Corrubedo e o monte Curota.

    O video ademais contará coa participación dalgúns artistas de renome, como é o caso do actor Manuel Manquiña, quen encarnará á morte, ou do director de orquestra Luis Cobos, quen xa participou na propia gravación da canción.

    Chamada á participación

    Tanto Vicente García como Javi Maneiro fixeron tamén un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en participar na gravación do videoclip coma extras, especialmente moteiros, para que acudan o domingo a partir das seis e media da tarde á recta do Faro de Corrubedo.

    Redacción Barbanza