POBRA> O executivo ordenou ós equipos de emerxencia, aproveitando a celebración do tradicional mercadiño ambulante dos mércores, a realización dunha demostración para poñer a proba a accesibilidade ó colexio.
{flowplayer}barbanza/simulacrofernandezvarela.flv{/flowplayer}
Dende hai tempo a comunidade educativa do colexio Fernández Varela viña denunciando os problemas de accesibilidade ó edificio, fundamentalmente os mércores, data na que se celebra na localidade o tradicional mercadiño ambulante, debido á instalación de diferentes postos a carón da entrada ó recinto. O temor a unha posible emerxencia que implique o traslado dos vehículos de urxencias ó centro, provocou que o executivo local decidise realizar hoxe este simulacro para comprobar se estaría garantida unha resposta rápida e eficaz.
Opinión contraria
A pesar do éxito da demostración, dende a dirección do centro seguen afirmando da necesidade trasladar parte dos postos, concretamente os que se atopan situados fronte ó colexio, para garantir así a accesibilidade ó mesmo.
Redacción Barbanza