O concello da Pobra organiza ós voluntarios en quendas para garantir a correcta limpeza das praias

A POBRA> Á marxe da polémica na esfera política, os concellos das zonas máis afectadas como o Barbanza están a despregar tódolos seus medios para limpar as praias. Na Pobra, o departamento de Medio Ambiente está a coordinar as recollidas organizando ó persoal voluntario en quendas.

Aínda que son poucos os recursos con que contan, os concellos afectados pola marea de pellets están a poñer tódolos seus medios para retirar o plástico que vai chegando ó litoral. Na Pobra, aínda que non en grandes cantidades atoparon restos en tódolos areais, especialmente na praia da Corna e a Illa.

Ó propio persoal municipal súmanse os numerosos voluntarios que están a ser organizados polo departamento de Medio Ambiente sinalando as zonas de traballo e dando instrucións para que a retirada dos restos sexa o máis efectiva e respectuosa posible.

Calquera veciño interesado en sumarse a estas accións voluntarias de limpeza pode contactar co concello a través das redes sociais de Medio Ambiente e Protección Civil da Pobra ou mediante o número 669177829. Tamén poden utilizar estas canles para notificar a presenza destes plásticos en calquera punto do litoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí