A POBRA> A Pobra pon en marcha tres obradorios dirixidos a persoas con algún tipo de diversidade funcional. As accións formativas, que se levarían a cabo da man da Fundación ONCE, son totalmente gratuítas e versarían sobre comunicación, traballo en equipo e orientación para o logro.
A concellaría de Desenvolvemento Local da Pobra, co financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo, desenvolverá nos próximos meses tres accións formativas dirixidas a persoas con diversidade funcional. A finalidade dos cursos non é outra que mellorar a inserción laboral e as habilidades dos participantes nos mesmos
O prazo de inscrición nos tres obradoiros, que serán totalmente gratuítos, xa está aberto, podéndose realizar ata o vindeiro 26 de abril.
Cada curso conta con 15 prazas. desenvolveranse en xornada de mañá no auditorio do museo Valle-Inclán. Para máis información as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Orientación Laboral a través do teléfono 981-37 76 10.