Corenta cintas competirán na XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia

    NOIA> Corenta traballos competirán na Mostra de Curtas Vila de Noia que arranca na localidade o un de novembro. Un equipo de profesionais realizou a escolma das cintas escollidas entre máis de mil duascentas presentadas. A Mostra de Curtas Vila de Noia alcanza este ano a súa maioría de idade. Para celebralo, a localidade encherase de cine entre o un e o once de novembro con un amplo programa de actividades a desenvolver entre o Coliseo Noela e o Liceo. Na sección oficial, competirán corenta traballos nas distintas categorías e o premio honorífico desta edición será para a actriz María Bouzas. Ademais da gala de entrega de premios, prevista para o venres días dez destacan entre os pratos fortes a estrea da serie Fariña. Co obxectivo de abrir a mostra a tódolos públicos, este ano deseñouse un programa complementario que fará que o festival estea ben presente en tódolos recunchos da vila. Non cabe dúbida peso desta mostra a nivel nacional e internacional, con traballos procedentes de corenta países.