Multitudinaria homenaxe a Xerardo Fernández Albor

    homenaxealbor.jpgPOBRA> O executivo pobrés acordou nomear ó ex-presidente da Xunta coma fillo adoptivo da localidade e poñerlle o seu nome a uha nova rúa.

    {flowplayer}barbanza/homenaxealbor.flv{/flowplayer}

    Despois da recepción no concello e a correspondente sinatura por parte do homenaxeado no libro de honra, os actos trasladáronse ata un ateigado cine Elma. Ninguén quixo faltar á cita. Presidindo o acto o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o ex ministro de Sanidade, Xosé Manuel Romay Beccaría, así como outras autoridades, tanto a nivel comarcal coma autonómico, e tamén veciños en xeral, que non quixeron perderse nada do que alí estaba acontecendo.

    Recoñecemento unánime

    Con este acto o executivo pobrés quixo renderlle homenaxe á figura de Xerardo Fernández Albor e ó traballo desenvolvido por este durante o seu mandato á fronte da Executivo Autonómico, entre os anos 1982 e 1987.

    Intervencións

    Na súa intervención o alcalde, Isaac Maceiras, agradeceu o impulso que Fernández Albor lle deu á localidade con obras tan importantes como a construción do peirao comercial, o centro social, a residencia da terceira idade ou a reconstrucción da Torre de Bermúdez.

    Pola súa banda o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, referiuse ó papel desempeñado por Fernández Albor na súa etapa á fronte do Goberno Autonómico.

    Visiblemente emocionado, Xerardo Fernández Albor, agradeceu a homenaxe, xa que segundo el era a primeira vez que un concello o honraba co nomeamento de fillo adoptivo.

    Nova rúa

    Os actos tiveron continuidade máis tarde co descubrimento dunha placa na rúa que a partir de agora levará o seu nome e que está situada entre a entrada do porto deportivo e a do peirao comercial.

    Redacción Barbanza