Victoria pola mínima do Sanxenxo no derbi da Senra

RIBADUMIA> Ribadumia e Sanxenxo medían na Senra o seu gran momento de forma. Tres victorias consecutivas arrastraban os dous conxuntos. Ó final, os que siguen adiante coa súa xeira positiva de resultados son os de Calucho que se impuxeron por 0-1 grazas a un tanto de Moi.

{flowplayer}images/salnes/derbi_011110.flv{/flowplayer} 

O Sanxenxo levouse un derbi no que o Ribadumia expuxo máis e mereceu mellor premio (0-1). Pero o bo traballo defensivo dos de Calucho estalles a reportar moitos benficios, suman xa tres encontros sen encaixar.

Aínda que onte o Ribadumia puido ter acadado algún gol se tivera estado minimamente acertado. Sobre todo Berto, que desbordou o seu par como e cando quixo pero que non atinou nunca coa portería rival. No primeiro cuarto de hora dispuxo de ata tres ocasións que non foi quen de materializar.

A balón parado o Sanxenxo creaba tamén perigo. Primeiro foi Diego Blanco quen non minuto 25 meteu o susto na bancada axudado, iso sí, por unha mala saída de Kiko. O gardamallas local volvería a medir mal catro minutos despois, pero desta volta o desenlace foi difirente. Con algo de fortuna o coiro golpeado por Moi petou no pau e deulle unha segunda oportunidade que non desperdiciou. Ese sería o único tanto do partido.

O Ribadumia puido empatar antes do descanso e levou o peso do encontro tamén no segunto tempo, pero non foi quen de atopa-la chave que abrise o marco defendido por Vladi. Ó final os tres puntos viaxaron cara o Revel e deixan ó Sanxenxo chamando xa ós postos de cabeza. Todo o contrario que o Ribadumia, que ve curtada a súa xeira de resultados.

VICTORIAS DE AROUSA E CÉLTIGA E EMPATE DO CAMBADOS

No resto de partidos da Preferente Sur a mellor nova deixounola o Arousa, que despois de cinco partidos sen coñecer a victoria, onte volveron cos tres puntos da súa visita ó campo da Peroxa. Foi grazas tamén a actuación da defensa local, que meteu tres goles en propia meta. O partido sen embargo dominouno o Arousa xa dende o primeiro tempo. Ó final marcador asombroso, 3-5 para os vilagarciáns.

Tamén venceu o Céltiga, que se impuxo ó Arenteiro por 0-2 pese ás numerosas baixas coas que acudíu ó choque. Os goles dos da Illa foron obra de Víctor e Fiti. 

O Cambados pola súa parte segue sen saber o que é gañar en Burgáns e onte empatou co Ourense B (2-2), un partido, iso sí, no que os de Angel Oliveira foron quen de remontar o 0-2 co que se puxeran os visitantes. Manu e Javi Sánchez acadaron os tantos amarelos.

Redacción Salnés