O executivo muradán traballa na mellora dos servizos para o polígono

MUROS> Durante este mes efectuaranse diversas obras que posibilitarán a instalación da fibra óptica, o que permitirá mellorar a conexión a internet das empresas alí asentadas. O executivo local traballa nun plan de mellora de servizos no parque empresarial de Ventín coa finalidade de facelo máis atractivo e competitivo, e así estimular a chegada de máis empresas e negocios. Unha das primeiras accións, cuxas obras se iniciarán nestas primeiras semanas de xuño, será a instalación da fibra óptica para mellorar a conexión a internet das empresas alí instaladas. Ademais o Concello prevé tamén poñer o servizo de recollida de lixo no polígono, así como tamén o de correos.