Desarticulado un centro de venta e distribución de droga en O Vao

    vao_copia100.jpgPOIO> As dúas e media da madrugada, a Garda Civil detivo a catro persoas residentes na barriada de Poio e a outras dúas, presuntamente vinculadas coa actividade delictiva.

    {flowplayer}images/salnes/REDADA_VAO.flv{/flowplayer}

    En torno ás dúas e media da madrugada efectivos da Garda Civil de Pontevedra, interceptaron a dúas persoas cando saían do poboado portando envoltorios que contiñan cocaína e heroína. Xa se tiña coñecemento de que nun dos inmobles da zona se estaban realizando actividades relacionadas coa droga A operación realizouse dentro dos operativos que habitualmente se establecen en O Vao, para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes.

    Durante a mañá de onte, procedeuse ó rexistro dun total de dous inmobles e dous almacéns. A Garda Civil incautou 93 doses de cocaína, 345 de heroína, unha bolsa que contiña un total de 183 gramos de cocaína, algo máis de 5.800 euros en efectivo, unha significativa cantidade de xoias de ouro e unha pistola do calibre 22 con seis cartuchos sen detonar. Do mesmo xeito, se aprehenderon diversos efectos entre os que destacan teléfonos móbiles, un ordenador portátil e outros instrumentos relacionados supostamente cos feitos.

     A idade dos presuntos autores do delito contra a saúde pública por tráfico de drogas varía entre os 22 e 61 anos, e algúns deles xa contaban con antecedentes policiais. Os detidos pasarán a disposición xudicial nas próximas horas.

     O operativo de vixilancia continúa aberto. No que vai de ano se levaron a cabo 5 actuacións similares practicadas en Vigo, Nigrán, A Estrada e O Vao.

    Redacción Salnés