‘Non hai crise dentro do goberno local. Nunca a houbo nin a haberá’

    XOSE_CASTRO_RATONcopy.jpgVILAGARCÍA> O voceiro do BNG fai estas declaracións depois da polémica dos últimos días sobre ó aparcamento de Fexdega.

    {flowplayer}images/salnes/CASTRO_RATON_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    O tenente alcalde e voceiro do BNG no concello de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón reiterou a postura do grupo nacionalista con respecto ó aparcamento soterrado que se ía construír en Fexdega. Asegurou que desde un principio estiveron en contra polo impacto medioambiental que ía ter no entorno e pola modalidade de financiamento escollida.

    Engadiu que isto é un tema que xa está pechado e que non provocou ningunha crise dentro da goberno local, que nunca a houbo nin a haberá.

    Pola súa parte, o Partido Popular asegura que a única preocupación do concello é agachar a súa desunión e que continúan pasando por alto os problemas dos cidadáns.

    Castro Ratón confía en que os dous millóns e medio de euros que se ían destinar ó proxecto de Fexdega, se poidan inverter noutras actuacións do concello. Para iso, informou que a comunicación co Ministerio de Industria é permanente.

    Entre as prioridades do concello para a inversión desta partida económica está o entorno do río do Con.

    Redacción Salnés