O futuro da medicina a debate

congresosaude.jpgNOIA> A terceira edición do Congreso de Educación para a Saúde abordará as expectativas de futuro da ciencia médica.

{flowplayer}barbanza/educacionparaasaude.flv{/flowplayer}

O acto oficial de inauguración terá lugar o venres ás oito da tarde no coliseo Noela. Agárdase que na apertura participe algún representante do Ministerio de Sanidade.

As xornadas propiamente ditas darán comezo o sábado ás seis da tarde coa conferencia de Laura Pallarés, licenciada en Xeografía e Historia e profesora da Escola de Especialidades Navais da Armada Española, quen realizará unha análise comparativa do estado da saúde en diferentes países.

A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre as perspectivas de futuro da ciencia médica na que participarán diversos profesionais da comarca.

O peche deste encontro terá lugar o domingo coa intervención do profesor Ángel María Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, quen abordará a xenómica e o futuro da medicina.

Redacción Barbanza