Incendian o coche da presidenta da protectora de animais de Cambados

    olgacosta100_081007.jpgCAMBADOS > A presidenta da Protectora de Animais, Olga Costa Bea, foi víctima dun presunto acto de vandalismo

    … O seu coche foi queimado diante da súa casa durante a madrugada do venres ó sábado. Tanto os medios de comunicación, como os seus compañeiros de profesión e os concellos de Cambados e Vilanova amosáronlle a súa solidariedade.

    cochequeimado_olgacosta200_081007.jpgAsí quedou o coche de Olga Costa tralo presunto ataque ocorrido o pasado sábado no concello de Vilanova. Segundo os expertos, o incendio parece intencionado aínda que de momento as investigacións non deron os seus froitos. A víctima recalcou que a impotencia e a inseguridade foron os dous sentimentos que tivo durante o presunto ataque. Trátase da primeira vez que unha responsable dunha sociedade protectora de animais sofre unha situación como esta.

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán tamén quixo amosar o seu apoio tanto á persoa de Olga Costa como á súa labor á fronte da sociedade. O concello de Cambados deixaralle un coche a Olga Costa para que poida seguir a desenvolver a labor que vén facendo durante os últimos oito anos. O vehículo persoal da víctima era o que utilizaba tamén para recoller os animais abandonados.

    Redacción Salnés