Marcelino Abuín cualifica de irresponsable a actitude de EU

    MARCELINO_ABUINcopy.jpgVILAGARCÍA> O edil de Xestión do Territorio engadiu que EU ten o mesmo tempo que o resto de partidos políticos para analizalas propostas.

    {flowplayer}images/salnes/REPOSTA_MARCELINO_IU.flv{/flowplayer}

    Ramón Bueno, membro de EU, aseguraba onte que na acta do Consello de Xerencia de Urbanismo do 21 de setembro se poñía de manifesto o voto de Esquerda Unida en contra de cada un dos puntos que se recollían no día, cando o que segundo el quería o seu grupo era poñer de manifesto o seu rexeitamento contra o conxunto da acción do consello.

    Ante esta situación Esquerda Unida abstívose de votar no consello celebrado este martes.

    Marcelino Abuín, edil de Xestión do Territorio do concello de Vilagarcía, considera que a actitude de Bueno é indefendible e que responde unicamente á intención de eludir responsabilidades no goberno local.

    O concelleiro asegurou tamén que Esquerda Unida ten o mesmo tempo para analizar as propostas que o resto dos grupos políticos. Ademais, quixo recordarlle a Bueno que a actitude que estaba a adoptar non era coherente coa tomada en ocasións anteriores.

    Redacción Salnés