Gladys Bermúdez: ‘Non vou dimitir’

    crisefeb_copia.jpgBARBANZA> A presidenta da FEB responde así á solicitude de varios presidentes de patronais locais críticas á súa xestión.

    {flowplayer}barbanza/crisefeb.flv{/flowplayer}

    A responsable da Federación de Empresarios do Barbanza amosou ademais o seu malestar polo cariz que está a tomar a crise interna mantida dentro da entidade. A gota que colmou o vaso da súa paciencia foi a dúbida deixada polo presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Tomé, sobre uns remanentes de tesourería nas arcas da patronal comarcal superiores ós 123 mil euros en decembro do ano 2007.

    Reunión urxente

    Nos próximos días está prevista a convocatoria urxente dunha reunión da xunta directiva da FEB.

    Redacción Barbanza