RIBEIRA> O edificio okupa de Ribeira, no barrio das Abesadas, volveu ser escenario dun violento suceso. Unha liorta acontecida esta fin de semana remataba cun ferido de gravidade tras recibir varias puñaladas e o presunto autor dos feitos atrincheirado nunha das vivendas.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou ó ferido ó hospital do Barbanza e varias patrullas da policía local e nacional que tiveron que derrubar a porta para proceder á detención do autor dos feitos.
Trátase dun veciño da Pobra, de 57 anos de idade, que tras pasar a disposición xudicial quedou en liberdade con cargos. Impútaselle un delito de lesións posto que vítima está estable e fóra de peligro.