O BNG de Ribeira urxe a reparación da estrada entre o Touro e Martín

RIBEIRA> O BNG de Ribeira demanda o arranxo integral da estrada de Fontán. Trátase dunha vía que está a rexistrar moito tráfico tralo peche da rúa Romero Ortiz por mor das obras. Ademais do mal estado do pavimento, os nacionalistas denuncian que carece de sinalización e de beirarrúas.

A entrada en funcionamento da nova comisaría de Ribeira e o peche da rúa Romero Ortiz multiplicaron en poucas semanas o tráfico que soporta a estrada de Fontán que conecta a Avendia das Airós con Martín. Isto agravou o mal estado e conservación que xa presentaba a vía con numerosas fochancas e treitos en mal estado e sen sinalizar que poñen en risco a condutores e peóns. Recollendo as demandas veciñais, os nacionalistas rexistraron unha iniciativa no concello instando ó goberno a acometer unha actuación integral nesta vía.

Piden tamén ó executivo unha mellor planificación á hora de realizar obras que supoñan cambios circulatorios, habilitando alternativas en bo estado ás vías que vexan interrompida a circulación.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí