O incendio da nave de JJ Chicolino puido deberse a un erro humano

    danosincendio_100_250909.jpgBOIRO> Todo apunta como posible causa do incendio a unha neglixencia dun traballador ó empregar un soplete preto dunhas redes.

    {flowplayer}barbanza/danosincendio.flv{/flowplayer}  

    BOIRO> Todo apunta como posible causa do incendio a unha neglixencia dun traballador da propia empresa, ó rompe-lo protocolo de seguridade, e empregar un soplete nunha zona con materiais altamente inflamables.

    O Director Xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, visitou as instalacións de JJ Chicolino en Vilariño que resultaron totalmente calcinadas. Acompañárono o Director Xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, e o deputado barbanzán, Manuel Ruíz. Tamén estiveron presentes representantes da corporación municipal boiresa, tanto do grupo de goberno como da oposición.

    Alí tivo tempo de falar con responsables da firma boiresa e membros dos equipos de extinción que lle trasladaron as posibles causas do incendio.

    Perdas millonarias

    Despois das primeiras valoracións, os danos poderían acada-los oito millóns de euros. Por esta razón, dende a Xunta estanse a da-los primeiros pasos cos responsables da firma para tratar de establecer un plan de reflotamento da empresa, e que poida así inicia-la actividade o máis rápido posible.

    Logo da visita pola zona cero, a comitiva de autoridades trasladouse ata o polígono industrial de Espiñeira onde o grupo JJ Chicolino posúe unha nave industrial. Alí tiveron tempo de entrevistarse co propietario da empresa, totalmente desolado, e trasladarlle de xeito máis íntimo á súa solidaridade e o seu apoio nestes momentos tan dificiles.

    Redacción Barbanza