Investigan un presunto fraude no cobro dunha subvención no Son

fraudesubvencions.jpgPORTO DO SON> O Xulgado de Instrución Nº 2 de Noia abriu dilixencias previas por un presunto caso de fraude de subvencións no concello de Porto do Son.

{flowplayer}barbanza/fraudesubvencions.flv{/flowplayer}

Os feitos refírense ó cobro dunha partida destinada a un programa termal para a terceira idade que non se chegou a realizar cando o Partido Popular aínda ostentaba a alcaldía.

O actual alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez, acudirá a declarar o próximo nove de decembro ó Xulgado de Instrución Número Dous de Noia en calidade de testemuña.

O procedemento iniciado pola Fiscalía, a instancias dun informe do servizo de intervención, pretende determinar se se cometeu infracción administrativa ou penal no presunto caso do cobro dunha subvención procedente da Deputación da Coruña para un programa termal.

Reintegro

O citado informe refírese a que as empresas Autos Dosil e Caldaria Termal cobraron polos servizos que non chegaron a prestarse polo que esas contías deberían ser reintegradas.

Dende o actual goberno quixeron aclarar que tan só se limitaron a dar conta á Fiscalía do informe de intervención, sen ter iniciado acción xudicial algunha contra ningún membro do anterior goberno.

Legalidade

Pola súa banda, o voceiro do PP local, Manuel Tomé, alcalde no momento do presunto fraude explicou que a subvención foi obtida de acordo á legalidade e destinada ós beneficiarios do programa termal.

Co fin de aclarar os feitos prestará declaración diante do xuíz. Mentres tanto, prefire non aportar máis datos para deixar actuar ó órgano xudicial.

Redacción Barbanza