Unha sentenza declara nulos os acordos do pleno celebrado no mes de xullo

nacionalistasmurossentenza.jpgMUROS> A denuncia partiu da nacionalista, María Xosé Alfonso, despois de ser expulsada da sesión pola alcaldesa Caridad González.

{flowplayer}barbanza/nacionalistasmurossentenza.flv{/flowplayer}

A voceira do grupo de non adscritos de Muros, a nacionalistas María Xosé Alfonso, amosou a súa satisfaccción pola sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 3 da Coruña que vén de darlle a razón trala denuncia realizada no seu día pola súa expulsión por parte da alcaldesa Caridad González do pleno celebrado o pasado sete de xullo. A resolución declara tamén nulo os acordos posteriores tomados na sesión plenaria unha vez expulsada a concelleira nacionalista, así como que o concello muradán debe facerse cargo do pago das costas procesais.

Apelación

A sentenza non é firme e sobre ela cabe recurso de apelación ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Redacción Barbanza