O Surfing The Lérez volve máis forte ca nunca

PONTEVEDRA> A Illa das Esculturas volverá a acoller o Surfing the Lérez. Un festival xa consolidado na cidade e que este ano durará dous días. Heredeiros da Crus, Malkeda ou Familia Caamagno son algúns dos artistas que pasarán os días 21 e 22 de xuño por Pontevedra.

O Surfing the Lérez volve a Pontevedra con máis ganas ca nunca. O festival que pon o arranque ás festas de verán amplía, este ano, a oferta musical. Dúas xornadas adicadas ao rock con horario interrompido dende ás 12 ate a media noite.

Esta quinta edición comezará coa banda pontevedresa Mushu e rematará co pop-rock de Familia Caamagno. Entre estas actuacións pasarán pola Illa das Esculturas grandes grupos de indie, rock, electrónica e incluso de cumbia e ritmos latinos. Esta é unha iniciativa pensada para todos os públicos e este ano, os nenos e nenas serán máis protagonistas ca nunca.

O Surfing the Lérez celebrarase en Pontevedra os días 21 e 22 de xuño. Nesta edición non faltarán os postos de venda de comida e bebida, o mercadillo de creadores emerxentes e atraccións infantís. Unha nova aposta pola música en directo que tamén terá unha vertente solidaria coa tradicional recollida de alimentos.