LOUSAME> A Asociación Cultural Barbantia celebrou esta pasada fin de semana en Lousame, na casa de cultura, o acto de entrega dos premios da Cultura 2023.
A gala, unha das citas máis importantes do Barbanza no eido cultural reuniu a numeroso público, entre os que se atopaban, ademais de representantes do tecido cultural da comarca, varios alcaldes e representantes das diferentes corporacións municipais que tampouco quixeron perderse o acto.
Na edición deste ano resultaron premiados o pintor noiés, Xosé Luis Veiras Manteiga, coma Premio Barbantia á Traxectoria Cultural non Barbanza; o Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado en Neixón, coma Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza, e ó profesor e escritor ribeirense Carlos Callón coma Premio Barbantia da Cultura Galega.
Antes da entrega dos galardóns, como é habitual procedeuse tamén á presentación do volume 19 do ‘Anuario de Estudos do Barbanza’ e posteriormente tivo lugar tamén o tradicional xantar de confraternidade.











