Corón estrea campo de fútbol

    campo_futbol copia.jpgVILANOVA> Os rapaces do club de fútbol Chispa xogarán o domingo o seu primeiro partido no novo campo de herba sintética.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPO_FUTBOL_CORON.flv{/flowplayer}

    Vilanova conta xa con catro campos de fútbol de herba sintética espallados polo municipio. Este de Corón é o último en unirse á lista. Reformouse o terreo de xogo, instalouse o sistema de rego, alumeado e mobiliario deportivo. En total 280.000 euros investidos entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta e o propio concello.

    Coa estrea destas instalacións o Club Chispa xa está en condicións de poñer en marcha a súa propia Escola de Fútbol. A partir da vindeira semana abrirán as inscricións e irán polos colexios para informar ós cativos que se queiran sumar ó proxecto deportivo. O seguinte reto do concello en dotación de instalacións deportivas será a piscina municipal e o Balneario do Terrón.

    Redacción Salnés