O BNG reclama unha partida para o ‘porto histórico’ de Noia

bngnoiaporto.jpgNOIA> O BNG presentará unha emenda para incluír nos orzamentos da Xunta unha partida destinada ós estudos para a ordenación portuaria de Noia.

{flowplayer}barbanza/bngnoiaporto.flv{/flowplayer}

A proposta, que sempre defenderon os nacionalistas, pasaría por darlle continuidade ó proxecto iniciado nos anos cincuenta coa construción da escollera. Esta proposta permitiría a recuperación do esteiro ó tempo que garante o desenvolvemento do porto.

A pesar do compromiso adoptado mediante acordo na cámara galega, os orzamentos autonómicos non recollen ningunha consignación apra esta actuación. De aí, a emenda presentada polo grupo nacionalista que solicita unha partida de trescentos mil euros para levar a cabo os estudos técnicos.

Recuperación marisqueo

Esta non é a única proposta do BNG que reclama tamén a posta en marcha dun plan de recuperación do marisqueo na ría. Con este fin, solicitan a dotación dunha partida de oitocentos mil euros.

Redacción Barbanza