O Memorial Ricardo Portela homenaxea este ano o gaiteiro Manuel Viqueira

PONTEVEDRA> O Memorial Ricardo Portela volve a Pontevedra os días 10 e 11 de xullo. A cita celebrará o seu dezaseis aniversario enchendo de música tradicional as rúas da cidade, para recordar o célebre gaiteiro e pór o foco sobre o noso folclore e os seus instrumentos. Este ano, o memorial terá outro nome propio, o do músico Manuel Viqueira, que tamén se homenaxeará nesta edición.

 

Coa música da gaita e o son da percusión. Que mellor xeito para presentar o Memorial Ricardo Portela que tocando unha das súas pezas, a foliada de Padrende.

O memorial celebra este ano o seu dezaseis aniversario como unha das citas máis importantes para os gaiteiros galegos. O venres e o sábado as rúas pontevedresas encheranse co son da música tradicional.

Pasarrúas e actuacións na Praza da Ferrería compoñen o programa desta cita. Complétase coa Mostra de Artesáns de instrumentos tradicionais, que tamén se celebrará na céntrica praza.

Ademais do de Ricardo Portela, esta edición terá outro nome propio. A organización aproveitará a cita para homenaxear a Manuel Viqueira. O acto será na Ferrería ás 9 da noite do sábado, coa actuación do coro Novo Aires da Terra.

Nesta edición o Memorial coincide coa Romaría de San Bieito, completando unha xornada de festa na cidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/memorial_portela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/memorial_portela.mp4{/flowplayer}