A praza da Peixería acollerá esta fin de semana un Mercado de Nadal

    mercado_beneficocopy.jpgVILAGARCÍA> Ademais, haberá actividades para os máis cativos e o sábado haberá un magosto a partir das oito da tarde.

    {flowplayer}images/salnes/MERCADO_NADAL.flv{/flowplayer}

    Un total de quince comercios vilagarciáns participarán esta fin de semana no mercado de Nadal que organiza por primeira vez o concello de Vilagarcía. Entre os produtos que se van poder atopar están os típicos da época como figuras para o belén, árbores ou doces. Tal e coma explicaba a edil de promoción económica unha iniciativa que nace co obxectivo de prolongalo no tempo.

    Ó redor deste mercado de nadal haberá ademais actividades para os máis cativos. Nesta edición, ademais de Zona Aberta tamén colaborarán asociacións sen ánimo de lucro coma AFASAL, Cáritas e Centro LAR. Paralelamente celebrarase no mesmo espazo un magosto a partir das oito da tarde.

    Segundo a presidenta de Zona Aberta este mercadillo é, sen dúbida, unha oportunidade para destacar o comercio da localidade con motivo do comezo do Nadal.

    O horario de apertura ó público será de once da mañá a doce da noite o sábado e o domingo desde as doce ata as dúas do mediodía e de cinco a dez da noite.

    Redacción Salnés