Máis de 60 mozos toman conciencia do uso do galego nun campamento na illa de Ons

ONS> Levan aquí menos dunha semana e a súa aventura está a piques de rematar. Son os 60 mozos e mozas que participan na iniciativa ‘O galego campa!’ no campamento de Ons. A iniciativa está impulsada polos departamentos de Política Lingüística e Xuventude do Goberno galego e serve, para fomenta-lo uso da nosa lingua entre os máis novos. A actividade tamén permite ós 60 mozos e mozas que participan sacarlle o máximo proveito á illa.

Os campamentos buscan tamén concienciar, xa dende cativos, da importancia de respecta-la contorna dun lugar tan valioso como é a illa de Ons. Polo que nos contan os nenos, a misión está cumprida.Ademais, din que a experiencia é inesquecible. Segundo nos din, o paquete de actividades lúdicas para estes días de verán é moi completo.

TT

Este grupo de nenos leva no campamento dende o pasado sábado. Mañá tocará face-las maletas e despedirse da beleza de Ons e tamén das novas amizades.