A CIG pide explicacións ó Comite de Empresa de Marsac

    ALFAGEMEcopy.jpgGROVE> Desde a central sindical consideran que se a conserveira se trasladara a Ribadumia no 2005 agora seguiría existindo.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Despois de que o xuíz decretara as indemnizacións mínimas para os traballadores e o inicio dun ERE extintivo na empresa, seguen os conflitos entre as organizacións sindicais representantes das diferentes plantillas.

    Esta mañá, a CIG despois de facer un balance do conflito en torno á conserveira Marsac, esixía a Comisións Obreiras explicacións para as traballadoras sobre a xestión que o seu comité de empresa realizou nesta fábrica.

    Segundo a CIG, a desaparición desta factoría puido evitarse no ano 2005, de terse aceptado un plan de viabilidade que propoñía o traslado da conserveira meca a Ribadumia.

    Por este motivo o sindicato nacionalista esixe responsabilidades sobre a situación actual da plantilla, cunhas traballadoras que quedaron fóra do ERE extintivo ó ser fixas descontinuas, unha condición que agora as deixa sen prestación por desemprego.

    Desde a CIG informaron que están á espera da resolución da demanda dos administradores a Promalar. De producirse o pago de dez millóns de euros a Alfageme, reclamarán un aumento nas indemnizacións das traballadores das conserveiras do Salnés.

    Redacción Salnés