María Luísa Piñeiro Arcos preside a xestora do PP de Moraña

pineiroarcos100.jpgPONTEVEDRA> María Luísa Piñeiro Arcos será a nova presidenta local do PP de Moraña, trala aprobación, na Xunta Directiva Provincial …

… celebrada onte, da nova xestora que dirixirá o partido ata a celebración do veindeiro congreso.

Xunto a María Luísa Piñeiro, forman parte da nova xestora Jorge Caldas Domínguez como secretario e José Cela Camiño como tesoureiro, ademais de 22 vocais. Trátase, segundo sinalou o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, dun ‘equipo ilusionado e plenamente comprometido co PP e con Moraña, no que están integrados moitos dos membros da anterior executiva e un nutrido grupo de persoas novas interesadas en implicarse máis activamente na vida política e na defensa dos intereses de Moraña’.

María Luísa Piñeiro Arcos, nacida en Moraña en 1975, é enxeñeira técnica Industrial Forestal e posúe un máster en Consultoría e Verificación Medioambiental polo Instituto de Investigacións Ecolóxicas e Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos de Málaga. Na actualidade é xefa do Proxecto Galicia-Sur do Servizo de Tramitacións da empresa Applus-Norcontrol.

REUNIÓNS MONOGRÁFICAS

Na reunión de onte, a Xunta Directiva do PP provincial analizou tamén a programación de actividades para os vindeiros meses, que incluirá o inicio dunha rolda de reunións monográficas orientadas a coñecer e abordar as necesidades, inquedanzas e propostas de cada municipio en materias de interese social. Nestas xuntanzas está previsto que participen responsables de área das agrupacións locais, que terán ocasión de intercambiar as súas experiencias, coñecementos e suxestións cos compañeiros de partido doutros municipios e con persoas especialistas en cada unha das materias que poidan prestar orientación e asesoramento sobre como dar resposta ás necesidades dos seus conveciños e conveciñas. Deste xeito preténdese fortalecer o papel das agrupacións locais, tanto alí onde goberna o PP como onde desenvolven labores de oposición.

Así mesmo, o PP provincial continuará coas visitas e reunións que vén realizando desde comezos de ano con todas as xuntas locais dos diferentes concellos de Pontevedra, para comprobar in situ a situación e o funcionamento do partido e escoitar aos militantes e afiliados.

Redacción Salnés