Dous ex-vixilantes deberán indemnizar a un furtivo por lesións

    condenavixilantes.jpgBOIRO> Dous ex-vixilantes da confraría de Cabo de Cruz foron condenados ó pago de 650 por unha falta de lesións cando procederon á detención de dous furtivos.

    {flowplayer}barbanza/condenavixilantes.flv{/flowplayer}

    Estes feitos volven traer á actualidade o dobre risco que corren os vixilantes que traballan nos areais. Ademais de ter que enfrontarse ós furtivos, a situación pode chegar a volverse na súa contra como aconteceu con José Farncisco Romero e Jesús Rodríguez. A xustiza vén de condenalos por unha falta de lesións polos presuntos danos causados a dous furtivos cando os sorprenderon faenando de xeito ilegal. Feitos que os acusados negan de forma tallante afirmando que se limitaron a retelos ata que chegou a Garda Civil. Malia que acatarán a sentenza, a súa intención é que a confraría asuma os pagos posto que estaban no exercicico do seu traballo cando sucedeu o incidente.

    Segundo nos explicaron, o seu caso non é único. Denuncian que xa son moitos os traballadores que tiveron que pagar do seu peto as multas impostas pola xustiza cando, din, debería ser a confraría. É o caso de Ion que xa acumula máis de vinte xuízos polos enfrontamentos cos furtivos e tamén coa directiva do pósito á que acusou de telo durante máis dun ano sen contrato.

    Negativa do pósito

    {flowplayer}barbanza/respostaposito.flv{/flowplayer}

    Pola súa banda, dende a directiva xa lle comunicaron ós afectados que non se farán cargo dos pagos posto que ámbolos dous vixilantes marcharon voluntariamente da confraría e desempeñan o seu traballo noutros municipios da comarca.

    Se ben o conflito do furtivismo se atopa practicamente xudicializado con constantes denuncias e acusacións, o patrón maior entende que a labor dos vixilantes debe ser disuasoria e nunca deben actuar pola forza.

    Malia todo, naqueles casos nos que os mariscadores que vixilan as praias se atoparon con algún problema xudicial, a confraría fíxose cargo das costas e posibles sancións posto que son eles os que, co seu traballo, aportan os fondos dos que vive o pósito.

    Redacción Barbanza