O BNG de Ribeira reclama a renovación da rúa da Barreira

RIBEIRA> Recollendo as propostas que a propia veciñanza lles fai, o BNG demándalle ó goberno local o mantemento en xeral da rúa da Barreira, con especial atención na pavimentación da propia rúa, que presenta un estado importante de deterioro.

Segundo os nacionalistas trátase dunha das vías principais de saída do casco urbano pola que a diario circulan numerosos vehículos, polo que urxe acometela de inmediato.

O BNG pídelle ó goberno municipal que continúe co plan de asfaltados e de mellora da seguridade viaria para peóns nas diversas rúas do Concello que eles puxeron en marcha cando estaban na alcaldía e que supuxeron un investimento dun millón e medio de euros.

O BNG critica as políticas actuais do goberno, baseadas máis, segundo eles, na propaganda que nas necesidades reais que ten a veciñanza.