A UXT ameaza con mobilizacións no servicio de limpeza de Sanxenxo

     PONTEVEDRA> O Sindicato UXT ven de denunciar ante a opinión pública o mal funcionamento da empresa concesionaria do servicio de limpeza

    {flowplayer}images/salnes/uxt_servicio_limpeza_sanxenxo.flv{/flowplayer}

     … do Concello de Sanxenxo. Aseguran que a empresa Aescan que asumiu a nova xestión en febreiro do ano pasado e que presumiblemente contará con ela ó longo dos vindeiros 16 anos non cumpre ca ratio de traballadores prometida: dos 25 traballadores iniciais só están operativos 21, posto que non se cobren as prazas vacantes por xubilación nin por enfermidade; ó tempo que se está a despedir efectivo por causas para eles improcedentes, por non acudir á un Expediente de Regulamentación de Emprego no que tiveran que argumentar outra documentación relativa ó funcionamento da empresa.

    Desde a Unión Xeral de Traballadores solicitan á Alcaldesa de Sanxenxo que bote mans ó asunto posto que en caso contrario, a reducción de máis do 20 % do efectivos podería derivar nun mal funcionamento do servicio; e de seguir así, poderían verse obrigados a levar a cabo certas mobilizacións en plena tempa estival; datas de máxima afluencia de turistas a este Concello.

    Redacción Salnés