RIBEIRA> Dividida en dúas fins de semana. Esta primeira coa participación de 55 equipos de fútbol 8, nas categorías biberón, benxamín e prebenxamín e tamén alevín, disputarán na Fieiteira, a décima edición da Copa Sálvora. Para a seguinte fin de semana tocaralle a quenda ó fútbol 11, coa categoría infantil, esta vez cun total de 16 equipos.
Dende o Club incidiron no esforzo que supón poder desenvolver un Torneo destas características, para o que é necesaria a implicación de moita xente.
Para o Concello, que colabora na organización do Campionato, trátase dunha cita xa consolidada no calendario deportivo municipal, que busca promover a actividade física entre a rapazada.











