O Ministro de Xustiza visita a cidade de Pontevedra

    MINISTRO_XUSTIZAcopy.jpgPONTEVEDRA> Tras manter unha reunión cos líderes socialistas da provincia, impartiu unha conferencia no colexio de avogados.

    {flowplayer}images/salnes/MINISTRO_XUSTIZA_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    Antes de acudir ó Café Moderno de Pontevedra no que mantivo un encontro cos líderes socialistas da provincia, entre os que se atopaban varios voceiros do Salnés, o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, compareceu ante os medios de comunicación na sede provincial do partido. Alí adiantou que o seu encontro cos líderes tiña como finalidade falar da situación política actual. O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, aproveitou a ocasión para agradecer o apoio do Ministerio para executar actuacións como o novo edificio da Garda Civil ou o de Facenda.

    A segunda parada do Ministro foi no colexio de avogados de Pontevedra para impartir unha conferencia titulada ‘Presente e futuro da xustiza en España’ . Caamaño confirmou que dos orzamentos xerais do Estado uns mil cincocentos cincuenta millóns de euros están destinados a Galicia. Unha partida restritiva pero comprometida cos que menos teñen.

    Ante a pregunta de se a súa visita era para apoiar a candidatura de Antón Louro en Pontevedra para as próximas municipais, non se pronunciou ó respecto pero asegurou que vai a ser un bo alcalde con experiencia e preparación.

    Por último, Caamaño manifestou que é imprescindible a colaboración e apoio da Xunta de Galicia para que saían adiante os proxectos e iniciativas do goberno central en materia xudicial.

    Redacción Salnés