Parlamentarios do BNG coñecen o funcionamento da lonxa de Ribeira

RIBEIRA> Unha delegación de parlamentarios do BNG visitou esta mañá a lonxa de Ribeira para coñecer de primeira man o traballo no principal porto de baixura a nivel europeo. Ó remate da visita, a voceira nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro con representantes do sector pesqueiro. O xerente da lonxa de Ribeira, Fernando Carreira, foi o encargado de guiar á delegación parlamentaria polas novas instalacións, Alí tiveron ocasión de coñecer o modelo de funcionamento desta moderna infraestrutura que dá servizo ó rpincipal porto de pesca de baixura en Europa. Tras percorrer as instalacións, os deputados nacionalistas mantiveron unha xuntanza con profesionais dos diversos sectores pesqueiros para abordas cuestións tan preocupantes como o escaseza de cotas ou a aplicación da normativa de descartes. Un dos temas que centrou boa parte da reunión foi o proxecto da mina de Touro que está a xerar o rexeitamento da maior parte do sector produtivo ante o risco de contaminación ambiental para a ría.