O Extrugasa xogará contra o Ibiza o vindeiro mércores

fotosituacioncopia copy.jpgVILAGARCÍA> A Federación Española de Baloncesto dispuxo que os clubes tiñan que chegar a un acordo sobre a fecha para reanudar o encontro antes do luns e así foi.

E nos deportes toca de novo falar do Extrugasa. O Comité de Competición xa tomou unha decisión sobre o acontecido a pasada fin de semana co partido que tiñan que xogar o Extrugasa e o Ibiza e que tivo que suspenderse debido a humidade existente no pavillón de Fontecarmoa.
 
A Federación Española de Baloncesto dispuxo que os clubes tiñan que chegar a un acordo sobre a fecha para reanudar o encontro antes do luns e así foi, a data elexida é o vindeiro mércores dia 15 ás oito da tarde.
 
Ademáis, a pesares do que se pensaba, a Federación non sancionou economicamente ó clube arousán por non ter un pavillón alternativo para xogar o encontro. Sen embargo o clube si terá que correr cos gastos orixinados polo desplazamento e aloxamento do equipo ibicenco e dos árbitros do partido, gasto que rondará os 5000 euros.
 
Con todo, a directiva do Extrugasa agarda que sexa o Concello de Vilagarcía, como propietario do pavillón de Fontecarmoa o que se faga cargo dos custes. A edil de Deportes, Victoria Hierro xa manifestou que iso sería o normal.
 
Redacción Salnés