Aguiño celebrará este ano a XX Festa do Percebe

    RIBEIRA> O vinte e tres de xullo celebrarase a festa do percebe en Aguiño. Nesta vixésima edición, a confraría volve tomar as rendas da exaltación gastronómica. Repartiranse ó redor de mil quilos de produto. Haberá festa do percebe. Este ano a confraría de Aguiño recupera a exaltación do seu produto estrela despois de que o ano pasado non se celebrase por mor dos conflitos xurdidos coa confraría de Ribeira pola explotación da navalla no banco do Carreiro. Será o 23 de xullo na explanada portuaria e a pesar de que os propios mariscadores encargaranse de cocer o percebe, contratarase a unha empresa para habilitar a zona de degustación nunha carpa e servir as mesas. Dado que este ano celebra o vinte aniversario, está previsto o reparto duns pratos de barro conmemorativos. Outra das novidades é que, por primeira vez, sumarase á festa a hostalería de Aguiño nunha xornada na que a afluencia de turistas á parroquia multiplícase. Malia que a organización corre a cargo da confraría, contarán cunha achega económica do concello.