O Pontevedra C.F. continúa loitando pola súa cidade deportiva en Barro

    pontevedra_barro_100407__100.jpgPONTEVEDRA > A cidade deportiva do Pontevedra está un pouco máis cerca despois do acordo acadado…

    …entre o club, o concello de Barro e a comunidade de montes. Unhas instalación que abarcaran preto de 48.000 metros cadrados. A cidade deportiva é ambicioso proxecto que según o presidente do club, Nino Mirón, só se conseguirá con moito esforzo.

     Tres campos de fútbol, zonas verdes e dous campos de fútbol sete conformaran o corazón da cidade deportiva do Pontevedra. Despois de moitas negociacións o concello de Barro conseguiu que os comuneros cedan os terreos necesarios para completar a construcción deste centro deportivo. Un canón de 5.000 euros que deixa aberta a posibilidade dunha permuta. Ademais o alcalde recordou que precisamente os terreos en disputa serán de uso público. Jose Antonio Landín recalcou tamén a importancia desta infrestructura para o concello. Asegurou que esta obra supón ‘facer pobo’ e suliñou que fomenta a integración dunha zona que hasta agora encontrábase marxinada.

    O presidente do club, Nino Mirón, recalcou a importancia deste proxecto e falou das equipacións que serán necesarias. Mirón mostrou a súa vontade de levantar unha cidade deportiva que sexa unha referencia para o futbol na área. Os primeiros campos de futbol poderían estar rematados en catro meses se os trámites administrativos vaian con normalidade.

     Redacción Salnés